xoves, 24 de decembro de 2015

O OSO E A LEBRE

Esta é a historia de dous grandes amigos, un oso e unha lebre. O oso descoñece que é o Nadal, porque cando chegan os ventos de outono e as primeiras neves do inverno, el comeza o seu periodo de hibernación, durmindo na súa cova ata a primavera. A súa amiga a lebre sempre ten que pasar esta época soa, sen a súa compañía.  ¡Gustaríalle tanto gozar co seu amigo destas datas.......!
Pero un regalo especial cambiará todo por unha vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario